REDACCIÓN SECTOR PRIMARIO

O sector primario na Unión Europea:

Na Unión Europea, o sector primario ten menos peso na economía en comparación cos sectores secundario (industria) e terciario (servizos). A agricultura e a gandería son importantes, pero representan unha parte pequena do produto interior bruto (PIB) total. En moitos países da UE, a agricultura está bastante mecanizada, o que quere dicir que usan máquinas para cultivar e recolectar os produtos, o que fai que sexa máis eficiente e produtivo. Isto tamén permite producir grandes cantidades de alimentos e materias primas de forma rápida e barata.

A pesca tamén é importante en algúns países como España, Italia e Grecia, pero a pesca no mar está cada vez máis controlada debido á sobreexplotación dos océanos. A silvicultura (explotación forestal) tamén forma parte do sector primario, pero ten un papel menor en moitos países da UE, excepto en zonas como Finlandia ou Suecia, onde as foresterías son moi importantes.

A productividade na UE é alta, grazas á tecnoloxía moderna e aos sistemas de irrigación e fertilización que melloran a produción. Ademais, a UE ten políticas e axudas para mellorar a agricultura, facer a produción máis sostible e manter o medio ambiente.

O sector primario en España:

En España, o sector primario tamén ten un peso menor na economía total, pero é moi relevante para certas rexións, especialmente nas zonas rurais. A agricultura en España é moi variada, con cultivos como viño, olivas, froitas e hortalizas. As granxas de gando tamén son importantes, especialmente na produción de carne e leite.

A mecanización en España mellorou moito nos últimos anos, especialmente nas grandes explotacións, pero aínda hai moitas pequenas granxas onde os traballos se fan a man. No sector pesqueiro, España é un dos países máis importantes da UE, tanto en pesca de altura como en acuicultura(cultivo en condiciones controladas de especies que se desarrollan en el medio acuático) , aínda que a pesca tamén está sufrindo debido á sobreexplotación.

A productividade agrícola en España é alta nas zonas onde se usan boas técnicas agrícolas e sistemas de rego, pero tamén hai zonas onde a produción é máis baixa, especialmente en terras secas ou con escaso rego.


A PAC e a PPC

Unha parte fundamental da política agrícola da UE é a Política Agrícola Común (PAC). A PAC é un conxunto de regras e axudas que a UE establece para apoiar aos agricultores, mellorar a súa produtividade e garantir que a comida sexa de calidade e accesible para todos. Esta política tamén busca protexer o medio ambiente e facer que a agricultura sexa máis sostible. Ademais, a PAC tamén se centra en mellorar as condicións de vida no medio rural.

Outra política importante é a Política Pesqueira Común (PPC), que se centra na xestión e conservación das pescas no mar. A PPC establece límites e normas para evitar que se pesquen demasiados peixes e garantir que os océanos sigan sendo un recurso renovable a longo prazo

Contáctame

Llámame
(+34) 653 38 19 80

Email
mateovazrod@gmail.com

Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar