Unidad 3
Título do tema:
España e independencias americanas: reacción política e social
Pregunta guía: Como reaccionaron a sociedade e os gobernos españois ante as independencias das colonias americanas e que consecuencias tivo para España?
Fontes consultadas:
1. Fonte 1:
Autor/a: Ministerio de Educación de España
Data: actualización 2023
Tipo de fonte: fonte primaria escrita porque tratase dun artículo do ministerio de educación
2. Fonte 2:
Autor/a: National Geographic España
Data: 2022
Tipo de fonte: fonte primaria escrita porque tratase dun artigo dunha páxina web
Análise das fontes:
Fonte 1:
Que mostra ou di?
Explica o proceso das independencias americanas e como España perdeu progresivamente os seus territorios en América no século XIX.
Que tipo de fonte é?
Fonte primaria, escrita.
Que información relevante achega?
Achega datos sobre as causas políticas, económicas e sociais das independencias e as dificultades de España para manter o control colonial.
Fonte 2:
Que mostra ou di?
Describe as guerras de independencia en América e a reacción da metrópole española.
Que tipo de fonte é?
Fonte primaria, escrita.
Que información relevante achega?
Axuda a entender visualmente a perda territorial de España e o contexto internacional.
Causas do proceso histórico:
-
Influencia das ideas ilustradas: ideas de liberdade, igualdade e soberanía popular chegaron a América.
-
Desigualdade social nas colonias: os crioulos tiñan menos poder político ca os peninsulares.
-
Debilidade de España: guerras en Europa (Guerra da Independencia contra Napoleón).
-
Exemplo doutras revolucións: independencia dos EE.UU. e Revolución Francesa.
-
Intereses económicos: as colonias querían liberdade comercial.
Consecuencias do proceso histórico:
-
Perda do Imperio colonial español en América.
-
Crise económica en España, ao perder recursos e comercio.
-
Inestabilidade política: conflitos entre liberais e absolutistas.
-
Nacemento de novos estados independentes en América.
-
Cambio do papel internacional de España, que deixou de ser unha gran potencia.
Opinión razoada:
Sorpréndeme que España non soubera adaptarse aos cambios políticos e sociais do momento. Creo que se o goberno tivese concedido máis dereitos ás colonias, talvez o proceso non fose tan violento nin tan rápido e podería seguir tendo algunha colonia no seu poder.
Conexión co presente:
Este proceso relaciónase coa actualidade porque moitos países de Latinoamérica comparten lingua e cultura con España, pero tamén problemas herdados da época colonial. Ademais, mostra como os conflitos políticos poden provocar separacións territoriais.
Síntese final:
As independencias americanas foron consecuencia de múltiples factores políticos, sociais e económicos. España reaccionou tarde e con represión, o que acelerou a perda das colonias. A sociedade española viviu este proceso con preocupación e crise. A perda do imperio marcou o inicio dunha etapa de decadencia internacional. Ao mesmo tempo, en América naceron novos estados independentes. Este feito foi clave para entender a historia contemporánea de España e América Latina.
Autoavaliación (marca cunha X):
Aspecto Si Máis ou menos NonComprendín as causas do proceso X ☐ ☐
Identifiquei as súas consecuencias X ☐ ☐
Interpretei correctamente as fontes X ☐ ☐